A castaña
é o froito do castiñeiro, árbore da familia das
Fagáceas e de nome científico Castanea Sátiva.
O
castiñeiro é unha árbore de crecemento relativamente lento moi abundante
nas provincias de Lugo e Ourense i, en xeral, en todo o Norte de
España.

Pensábase
que procedía de Oriente pero recentes excavacións demostran que xa
existía na Europa mediterránea e que foron os romanos quenes a introduciron polo resto de
Europa.
Nutritiva
e saborosa, do tamaño dunha noz, está cuberta dunha casca delgada pero
resistente de color pardo oscuro.
Na árbore
preséntase normalmente en grupos de tres rodeada dunha envoltura de
espiños (o orizo). No outono este orizo cae ó chan e recóllense as
castañas do seu interior, para alimenta-lo gando e para o consumo
humano.
 |
Na zona
interior de Lugo, onde nós vivimos, consúmese asada (no forno,
sobre a plancha ou no lume), cocida con leite, acompañando certas
carnes, en caldo,... |
Este
froito presenta moitas cualidades gastronómicas pero ademáis resulta
fácil de conservar, podendo empregarse despois de meses tras un simple
secado. Tamén pode moerse e usarse como fariña, empaparse en azucre para
obter un doce "marrón glacé", etc.
E moi
importante tamén o seu uso na alimentación dos porcos, constituíndo un
excelente alimento, que ademáis proporciona unha apreciable mellora á
carne deste animal.
