Novos recheos na ría de Vigo
¿É esta a cidade que desexamos?

 

Para o teu corazón terá rúas perdidas
Polas doces aforas, a onde ir solitario,
Praias de branca area, leitos de argazos, cunchas
Debaixo desta rúa pola que andan os pasos.

Extracto do Poema "A cidade", de Ramiro Fonte (2001).


Se un habitante da Gallaecia Romana viaxara ó noso tempo e visitase a zona de Vigo, entre o Areal e o Berbés, atoparíase con que non queda nin un centímetro da costa tal e como él a coñeceu. O resto presenta un perfil artificial, modelado por e para o ser humano.

Estas actuacións agresivas e irreversibles teñen ocasionado cambios na dinámica de correntes e, polo tanto, na labor erosionadora-sedimentadora que ten lugar na ría e que da lugar á riqueza faunística e florística característica deste tipo de espacios. Moitos dos aterramentos levados a cabo eran supérfluos e innecesarios, ou presentaban deseños que esquecían o impacto ambiental. Algúns deles foron declarados manisfestamente ilegais e ambientalmente moi perxudiciais, incluso xudicialmente, como o macro-recheo de Bouzas, que causou a desaparición dun dos mellores bancos marisqueiros da ría de Vigo. Como exemplo paradigmático dos cambios que están acontecendo temos a virtual desaparición, a medio plazo, da praia de Samil, que ven perdendo area a ollos vistas durante os últimos anos.

Nembargantes, lonxe de fuxir deses erros aínda recentes semella que se profundiza neles aínda máis. En lugar de camiñar cara cidades sustentables, nas que prime a calidade de vida e o disfrute do entorno sen menoscabo do desenvolvemento económico, parecemos continuar cunha frenética actividade constructora sen razón. O cemento fronte a vida, porque esa vida parece lembrarnos que o ser humano hai moito tempo que decidiu xogar a Deus e non só alonxarse do seu ambiente natural senón intentar dominalo e sometelo.

A continuacuón amosámosvos diversos artigos, opinións, suxerencias, críticas, etc. de simpatizantes co movemento de loita da Plataforma na defensa do litoral e da Ría de Vigo.

Enterramento por fases da Ría de Vigo. Por A. Lago Valorando el metro cuadrado de la Ría de Vigo. Por A. Lago
   

 

1