Niste apartado vou falar moi brevemente, das xentes que me viron nacer e coas que convivín algúns anos, hasta que, por causas que non veñen ó caso, tiven que deixar o meu pobo para escomenzar a miña vida noutro sitio. Posiblemente teña algo idealizados os recordos, pero así é como o sinto.
Istes meus veciños, moitos dos cales xa non viven, eran e son, principalmente, xente traballadora, solidaria e amante dos seus. Algúns deles viviron a súa vida completa sen case sair do pobo, anque outros tamén tiveron que emigrar a distintos paises: Brasil (caso dos do Carballo), en Cuba, nos USA ou Arxentina. Uns retornaron e outros nunca mais vooltaron á terra que os vira nacer.
Gustaríame resaltar o espíritu solidario que a xente auténtica do rural tiñan uns cos outros: axudábanse nas mallas, na sega da herba, na seitura, nas patacas, na matanza dos porcos etc. Coma en tódolos pobos, moi esporádicamente, non deixaba de surxir algún problema de convivencia que nunca pasaron a maiores.
Distes meus veciños, Os do Ubaldino Vasallo, Os do Jesús do Sergio, Os do José do Cuco, Os do Balbino do Méndez, Os do Ramón do Bidueiro, Os do José do Laixas, Os do Elías Cesteiro, Os do David do Parente, Os do Juan Mojón, Os do Ricardo do Rey, Os do Castellano, Os do Cesáreo do Moreno, A Sara, A Socorro, Os do Carballo, Os do Amadeu do Morán, Os do Marino, gardo na miña memoria moitos e agradables recordos que nunca se borrarán da miña cabeza: As troulas nos recreos da escola, escapadas ó río no verán mentras os nosos pais dormían a sesta para repoñer forzas, as loitas de neno cos rapaces no monte onda as vacas...e algunha coas rapazas, o camiño cara a escola, situada na galería do Ricardo, os carnavales, a Corrida do Galo, as festas Do Anxo da Garda e as demais festas dos pobos veciños. Tamén os longos días e noites do duro inverno, os fiadeiros (xa devaluados), as longas tertulias polas noites e tantas outras. |