A metodoloxía podémola definir como o sistema de ensinanza e aprendizaxe que se segue na aula, no temos que relacionar do mellor xeito posible tódolos factores que inciden na ensinanza.
Pretendemos nesta programación que teñan cabida dúas posibilidades de aplicación metodolóxica que nos parecen de relevancia capital para que os procesos de ensinanza e aprendizaxe sexan realmente efectivos:

· Por unha banda, partires de obxectos tecnolóxicos para tirar deles as conclusións pertinentes.
É este o caso de tódalas actividades de análise que se fan ó longo do curso, tentando que en tódalas unidades teñamos algunha actividade deste tipo. Tamén incluímos aquí as actividades que requiren dos coñecementos dos alumnos na materia que se está a traballar, coñecementos sacados do seu entorno cotiá.

· Por outra banda partimos tamén de necesidade e desexos para deseñar e construír obxectos que nos satisfagan.

Estas posibilidades de aplicación pódense utilizar desde diferentes métodos, métodos que varían dependendo de factores como número e características dos alumnos, material e documentación,...

 

No noso traballo na aula os métodos que máis empregaremos serán o método de análise de diferentes obxectos e sistemas técnicos, método no que desenvolvemos especialmente as diferentes linguaxes no que temos que traballar en consonancia cos principios científicos aplicados, e o método de proxectos, onde pretendemos dar unha solución tecnolóxica a diferentes problemas.

Quizais estes dous métodos serán máis empregados cara á segunda metade do curso, cando os coñecementos do alumnado sobre os diferentes procedementos a empregar nestes dous métodos sexan maiores. Así nos proxectos da primeira avaliación as directrices do profesor son moito máis claras, así a fase tecnolóxica (busca de información, deseño, planificación) será máis sinxela sobre todo para os alumnos que teñen neste curso a súa primeira toma de contacto coa tecnoloxía ( 1º e 2º ESO).

A fase técnica do proxecto a traballaremos tamén mediante as actividades de montaxe de mecanismos, de análise,... e deste xeito esperamos chegar a unha terceira avaliación onde as dúas fases do proxecto se desenvolvan eficazmente en tódolos seus contidos.

 

1