|
OBXECTIVOS DA ÁREA * Comprender conceptos básicos, leis elementais e modelos primarios da tecnoloxía que lles permitan interpretar, explicar e predici-lo funcionamento de obxectos e de sistemas técnicos sinxelos. * Resolver sinxelos problemas tecnolóxicos da vida cotiá, abordando a súa análise con autonomía e creatividade e traballando de forma ordenada e metódica para formular vías de solucións prácticas e o máis axeitadas posibles. * Utilizar coñecementos e destrezas técnicas para o deseño, a elaboración simulada e a avaliación de obxectos e sistemas tecnolóxicos sinxelos, manipulando materiais, ferramentas e instrumentos con seguridade e hixiene, nun contorno de traballo agradable e productivo. * Analizar e valorar criticamente as influencias do desenvolvemento tecnolóxico sobre a humanidade e o medio natural, identificando as súas repercusións sobre a organización social do traballo, do tempo libre e nas actividades de diversión.
|
*Expresar e comunicar ideas sobre problemas comúns e solucións técnicas en situacións habituais para o alumnado, utilizando os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario tecnolóxico adecuados para a súa documentación e formulación en soportes impreso e informático. * Desenvolver actitudes de responsabilidade, colaboración e tolerancia no traballo en equipo para realizar pequenos e sinxelos proxectos tecnolóxicos, participando activamente na toma de decisións, na execución das tarefas e na avaliación de resultados cunha disposición aberta, flexible e de respecto. *Integra-los medios informáticos e as redes dixitais para a formulación de cuestións e proxectos tecnolóxicos sinxelos, utilizando os programas informáticos e os servicios de internet para a documentación e comunicación, á busca á difusión da información. * Propiciar unha actitude de interese e curiosidade cara ás actividades e ás novas realizacións tecnolóxicas en os distintos traballos e profesións de distintos ámbitos laborais, motivando iniciativas de investigación sobre posibles orientacións vocacionais propias. |
|||