| OBXECTIVOS
XERAIS DA ETAPA
a) Comprender e producir mensaxes orais e escritas, en galego e en castelán, con propiedade, autonomía e creatividade, e reflexionar sobre os procesos implicados no uso da linguaxe e a contribución desta á organización dos propios pensamentos. b) Comprender e expresarse con propiedade na lingua ou linguas estranxeiras obxecto de estudio. c) Interpretar e producir con propiedade, autonomía e creatividade mensaxes que utilicen códigos artísticos, científicos e técnicos, para enriquece-las posibilidades de comunicación e reflexionar sobre os procesos implicados no seu uso. d) Obter e seleccionar información utilizando as fontes dispoñibles máis axeitadas, tratala de forma autónoma e crítica, cunha finalidade previamente establecida, e ser quen de transmitila de maneira organizada e intelixible. e) Elaborar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia, mediante procedementos intuitivos e de razoamento lóxico, cotexándoas e reflexionando sobre o proceso seguido. |
f) Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, tendo en conta as súas capacidades, necesidades e intereses para tomar decisións, valorando o esforzo necesario para supera-las dificultades. g) Adquirir e desenvolver hábitos de respecto e disciplina como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas educativas e forxar actitudes solidarias e tolerantes con tódalas persoas, sexan cales for as diferencias sociais, relixiosas, de xénero e de raza, superando os prexuízos con espírito crítico, aberto e democrático. h) Analiza-las leis e os procesos básicos que rexen na natureza, valora-las repercusións que as actividades humanas teñen sobre ela e contribuír á súa conservación e mellora. i) Coñece-los diferentes elementos básicos do corpo humano e comprende-lo seu funcionamento, así como as consecuencias para a saúde do exercicio físico, a hixiene, a alimentación e a vida sa.
|
|||