|
- Proxecto: "Recuperación
da Requinta"
- Proxecto: "Recuperación e catalogación de
fotografías antigas"
- Proxecto: "Centro de Recursos"
- Proxecto: Raiceiros Activa, "Espacios de participación
e información"
- Proxecto: Publicación dunha guía sobre o Val
do Ulla
- Creación e mantemento da páxina web raiceiros.org:
"Museo virtual", "Cousas da Ulla"...
- Realización de exposicións, conferencias, seminarios,
encontros... sobre temas culturais
- Obradoiros de cultura popular e música tradicional
- Recolleita de campo, investigación
- Difusión:
_____. Mostra Activa de Fotografía en Santa Cruz
de Ribadulla (Vedra, A Coruña)
_____. Mostra de instrumentos antigos no Centro Sociocultural
da Gracia en Santiago)
_____. Mostra sobre os proxectos e actividades de Raiceiros
en Sarandón (Vedra, A Coruña)
_____. Conferencias, charlas, seminarios e proxección
do documental 'Requinteiros. Músicos da Ulla' no Auditorio
da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de
Compostela (A Coruña), Centros Socioculturais da Gracia
e Conxo en Santiago, Encontros de Música Tradicional de
Carboeiro (Silleda, Pontevedra), Santa Comba (A Coruña),
Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra, A Coruña)
e Semana da Educación Crítica en Santiago.
_____. Obradoiros de cultura popular e música
tradicional nos colexios de Vedra, Santa Cruz, Oca, Os Tilos,
A Ramallosa, O Forte, Cuntis e no Espacio Activo da Ulla)
_____. Actuacións cos antigos requinteiros na
Baña (A Coruña) e en Sarandón (Vedra, A
Coruña) e nas distintas presentacións do documental.
- Saídas e viaxes ó
Cebreiro (Lugo) no 2002 e a San Cristovo de Cea (Ourense) no
2003
Obradoiros nos colexios
da comarca da Ulla para promociona-la requinta e a música
tradicional
Prema nas fotos para velas
a maior tamaño

Visita ó Cebreiro
na primavera de 2002
Subindo á serra
 
No Antroido de San Cristovo
de Cea (Ourense) no 2003


Carta do antropólogo
Xosé Ramón Mariño Ferro a Raiceiros
Un país con aspiracións
de futuro necesita unha base sólida. Unha comparación
máis axeitada: necesita raíces fondas. Porque as
raíces sosteñen e alimentan. Non hai vida sen raíces.
Un país non se sostén nin vive se non se enraíza
na tradición, no pasado histórico, no patrimonio
artístico e no patrimonio cultural.
No caso de Galicia posuímos
unha tradición cultural rica, brillante. Podemos afirmar,
sen medo a equivocarnos, que os galegos somos herdeiros dunha
gran cultura.
Pero hai máis. O estudio
serio da nosa cultura tradicional mostra que Galicia é,
desde a Idade Media, unha das nacións que conforman a
gran cultura europea. Galicia é Europa desde hai séculos.
As crenzas, as festas, as romarías, a literatura popular
de Galicia son variacións da literatura popular, das romarías,
das festas e das crenzas europeas. Galicia é co-creadora
da espléndida cultura tradicional de Europa.
Pero de pouco serve ter un patrimonio cultural valioso se non
o coñecemos e aprezamos. Necesitamos sentirnos orgullosos.
Por iso Galicia necesita de xente que recolla as manifestacións
da nosa cultura tradicional e que ensine a valorala. Necesitamos,
pois, xente activa, moderna, viva como a de Raiceiros. Necesitamos
mozos e mozas como os de Raiceiros en todas as comarcas. Empeza
a habelos. Hai esperanza.
Xosé Ramón
Mariño Ferro
Antropólogo da Universidade de Santiago de Compostela
|