|
Somos unha asociación
sociocultural e prestadora de servicios á mocidade, constituída
en outubro de 2001. Realizámo-la nosa actividade no territorio
da Comunidade Autónoma Galega, con especial incidencia
na comarca natural da Ulla.
Compoñemos Raiceiros un grupo de mozos e mozas que nos
xuntamos para facer cousas en común, aproveitando o noso
tempo libre para compartir experiencias, aprender cousas novas,
coñecer outras realidades ademais da nosa, divertirnos...
nun clima de igualdade, integración e solidariedade.
Entre os nosos obxectivos adquire principal relevancia a recuperación
e difusión do patrimonio cultural, a través de
calquera tipo de actuación encamiñada á
promoción da cultura en tódolos seus aspectos e
manifestacións, e fomentando a participación activa
das persoas no desenvolvemento social e cultural da comarca.
|

Entrevista a Xosé Neira
Vilas en abril de 2002 (c) H. Neira 2002
|