Introducción | Tarefa | Proceso | Recursos | Avaliación | Conclusión | Créditos

Lúa

http://images.google.es/images?q=tbn:3JVssCIws7oJ:clientes.netvisao.pt/avaranda/astronomia/images/lua.jpg

Autor: Maite Reimondo

E-mail: reimondofojo@yahoo.es

Área: Astronomía

Nivel: Bacharelato



INTRODUCCIÓN

http://www.gifmania.com/astronomia/astronautas/acrobat.gif ¡Hola! Son un astronauta que estou perdido e aburrido no espacio; gustaríame facer unha viaxe e tamén coñecer xente pero non sei donde me atopo nin que facer para entreterme.

¿Pódesme axudar?
¿Que propós?
¡Seguro que nos imos divertir!

TAREFA
http://images.google.es/images?q=tbn:wJ4A3E8p4YYJ:usuarios.lycos.es/universoheroes/fondos/universo.jpg

Debes indicarlle ó astronauta o lugar no que está; para iso cómpre que ti coñezas o espacio, os planetas e os seus satélites, así como as súas características (cales teñen vida, cales non, etc.)

Tamén che propón que lle deas algunha idea sobre as cousas que pode facer: organiza a axenda de actividades que podedes facer nesta viaxe polo espacio.
¡Deixa voar a túa imaxinación e de seguro que o ides pasar estupendamente xuntos!

PROCESO
http://www.gifmania.com/astronomia/cometas/comet2.gif

Elabora un plano no que debuxes tódolos planetas, satélites, etc. respectando a escala na que se reflexe o tamaño dos mesmos, así como a orde de distancia respecto ó Sol.
Ó carón de cada planeta fai unha breve descripción das características do mesmo.

Unha vez que fagas o teu debuxo, xa podes explicarlle ó astronauta o lugar no que se atopa, así que indícalle cal é a súa situación e descríbelle nunha redacción como é o espacio.Tamén debes describir a Lúa (as razóns das súas fases cando a vemos dende a Terra) que é o lugar no que se atopa o astronauta.

De seguido debes organizar a axenda, xa que a túa viaxe polo espacio só pode durar 5 días: ten en conta as distancias e que a túa nave espacial pode ter problemas en determinados planetas pola súa proximidade/distancia respecto ao Sol, así que planifica ben a túa viaxe.

RECURSOS

De seguido ofrécense algunhas páxinas que están relacionados co tema da astronomía e que vos serán de moita axuda.Nelas podes atopar dende actividades dos planetarios ata a descripción dunha nave espacial na que poderás pasear por cada un dos planetas que existen no Universo.
Date unha voltiña por estas páxinas:

Descripción esquemática do Sistema Solar.http://www.cdcc.sc.usp.br/cda/aprendendo-basico/index.html
Descripción das fases da Lúa.http://www.cosmobrain.com/cosmobras/res/fasesdalua.html
Páxina para novos astronautas.http://edspace.nasa.gov/index.html
Actividades propostas polo Planetario de A Coruña.http://www.casaciencias.org/Planetarium/Planetario/Planetario-G.html
Nesta páxina científica podes atopar algunha curiosidade sobre planetas.http://www.canalciencia.com/
Aquí ofrécese unha descripción da Casa das Ciencias da Coruña, da que forma parte o Planetario.http://www.casaciencias.org/MenuBarra/MenuFrame-G.html
AVALIACIÓN

A metade da nota virá determinada pola primeira actividade:valorarase especialmente a presentación dos traballos, tanto a orixinalidade como a calidade do debuxo.
Asemade, teranse en conta os contidos que se faciliten no citado traballo.

Doutra banda, a calidade da redacción así como a orixinalidade das actividades plantexadas conformarán o 50% restante da nota.

CONCLUSIÓN
http://www.gifmania.com/astronomia/estrella_fugaz/stonehenge_england_moon_star_shooting_md_wht.gif

¡Qué grande é o noso mundo! E logo din que o mundo é coma un pano...

CRÉDITOS

Agradécese a Ciberlingua a organización deste obradoiro no que conseguimos facer realidade esta webquest e, por suposto, a www.aula21.net por deixarnos utilizar o seu xerador.


Imprimir - Arriba

(Páxina creada con Xerador 1,2,3 a túa WebQuest - http://www.aula21.net/)

1