LINGUA AGUL

Lingua caucásica do grupo daguestaní, subgrupo lezguio.

Forma propia:  агъул чIал (agul chhal)

Inglés: Aghul ou Agul

Ruso: Агульский

POBOACIÓN

Falada nos vales de Aguldere, Gushandere, Magudere e Khyukdere, en total 21 auls ou asentamentos da República Autónoma rusa de Daguestán, deles 16 están na rexión Agul e 5 na rexión Kurakh. Tpig é o núcleo máis poboado, outros auls son Dulgul, Misi, Burkikhan, Durushtul, Fite, Jarkug, Kurag, Khudig, Arsug, Burchshag, Tsirkhe, Bedyuk, Khveredzh, Ukuz, Usug, Kvardal, Khpyuk, Goa e Richa. Os seus viciños son os Dargwas no norte, os Tabasaráns no leste, os Lezguios no sur e Rutuls no oeste. O uso da lingua é moi forte en todas as vilas agul, tan só hai perda lingüística entre os que viven nas cidades, xa que están fóra do territorio agul. Segundo o censo soviético de 1989 había 13.800 aguls no Daguestán, dos que o 98.5% falaba a lingua, no resto da URSS residían 4.000 agul. Fóra do territorio tradicional as principais comunidades agul están en Makhachkala, Derbent e Moscova.

DIALECTOS

O territorio no que viven os aguls non favorecía os cantactos entre os vales, de feito tradicionalmente as comunicacións só eran posible entre a primavera e o outono.Xeralmente as falas agul divídense en tres dialectos: Agul, Kere e Koshan

ESCRITA , ENSINO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O primeiro estudo da lingua foi feito por Dirr: Агульский язык publicado en Tiflis no 1907.

Despois do triúnfo da Revolución rusa, nos anos 20,  houbo discusións para a posible creación dunha lingua literaria agul, pero nunca se creou e o lezguio foi a lingua escollida para o ensino nas escolas aguls ata 1953, ano no que o ruso toma o seu lugar.

Despois da caída do réxime soviético, vólvese retomar o debate para a creación dunha norma propia para a lingua, e por fin os irmáns Mazanayev crean o primeiro estándar escrito en 1990, adoptado axiña pola comunidade agul que desexaba fervorosamente escribir e ler na súa lingua.

Dende 1992 a instrución nas escolas agul é en Agul, feito que axudou a dotar dun corpus literario á lingua, ademais da aparición de materiais pedagóxicos e infantís.

Kamaldina  Akhmedov, Fatkuly  Dzhamalova, Abu Muslima Mutov, Sheriff Sherifov, Gadzhi Alkhasova, Gabibuly  Omarova e Raisat  Ramazanovoy son os autores das primeiras coleccións de poesía

Агъулариин хабарар: Heraldo Agul, xornal do distrito Agul, na lingua propia.

HISTORIA:

A máis antiga referencia aos Agul ven nunha fonte armenia do VII d.c., a terra dos aguls foi conquistado polos árabes, mongois-tártaros, turcos e rusos a pesar do seu illamento.

Os agul de Aguldere estableceron a súa propia comunidade independente territorial e política que foi incorporada ao Canato de Kasikumukh no XVII-XVIII, outras comunidades non tiveron autogoberno, senón que estaban suxeitas a señores feudais foráneos aos que pagaban taxas.

No 1813 o territorio agul foi incorporado a Rusia dentro do Canato de Kürin, transformandose no distrito de Kürin. Entre 1920 e 1950 declive da poboación, pero dende entón aumentou. En 1935 créase a rexión agul: época de fundación de hospitais, bibliotecas, escolas, kholzojs, estradas, pero tamén de perda de valores culturais propios desprazados por outros rusos e occidentais.

RELIXIÓN

A práctica totalidade da poboación profesa o Islam sunnita, levado polos conquistadores turcos e persas entre os s. XV-XVIII .Segundo a tradición antes unha parte era cristiá e a outra xudia. Época soviética diminución da influencia da relixión: conversión de mezquitas en tendas, muftís en agricultores e propagación dun culto aos profetas afastado do do Alcorán, pero dende a caída do poder soviético o Islam retornou con forza

 

Páxina principal

Actualizado o 17 de setembro de 2004

Envía comentarios, críticas, suxerencias premendo neste enlace

© rocastelo 2004

1