LINGUA AXVAX

Lingua caucásica do grupo daguestaní, subgrupo andi.

Forma propia: Ashvalkhi Mitskhtskhi

Inglés: Akhavakh ou Axvax

Ruso: Ахвахский

Avar: AшwалIитмицIи

POBOACIÓN

Falada na República autónoma rusa de Daguestán, entre os ríos Andi-Koisu e Avar-Koisu, constitúe o distrito Axvax, aínda que hai asentamentos tamén no distrito Shamil. Distribúense en 8 auls ou vilas:

En Acerbaián hai un aul axvax, establecido na primeira metade do XVIII no distrito de Zakhatal: Akhvakh-Dere

Nos censos soviéticos só foron contados como comunidade étnica no de 1926, nese ano eran 3.683. Actualmente(2004) calcúlase o seu número en 6.500, deles uns 4.000 no Daguestán e 2.000 no Acerbaián.

DIALECTOS

Dous dialectos: diferencias moi acusadas entre eles, a intercomunicación  é en avar

ESCRITA , ENSINO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O Axvax é unha lingua sen escrita,  o avar é a lingua literaria usada polos axvax, a única literatura é a oral, recollida nos estudos filolóxicos sobre a lingua, que por outra parte son serodios e escasos, os primeiros datan de 1949, sen contar unha pequena referencia á lingua en Dirr no 1909.

O avar é a lingua do ensino ata o quinto grao, nos graos seguintes é o ruso.

O axvax só é unha lingua de ámbito doméstico no seu territorio tradicional, a aumento dos matrimonios mixtos cos avar pon en perigo a transmisión xeracional da lingua.

HISTORIA:

VIII-XIV ocupación do territorio axvax polos árabes e mongois-tártaros. Nos séculos XV-XVIII  invasións dos turcos e persas.Os avxax suxeitos ao canato avar, pero era máis nominal que real, debido ao illamento das comuniades axvax. No XVII establécense dúas pequenas estruturas semi-independentes: Norte Axvax e Sur Axvax, guerras continuas contras os bagulals e Karatas. En 1806 o territorio axvax únese a Rusia, pero as estruturas administrativas rusas non se asentaron no país axvax ata 1860-70. En 1920 constitúese  o poder soviético no Daguestán, o que conleva a colectivación, a loita contra da influencia do Islam, durante a colectivización moitos nacionalistas axvax foron executados. Dende 1960-70 as novas xeracións tenden a adoptar cada volta máis o estilo de vida soviético.

RELIXIÓN

A práctica totalidade da poboación profesa o Islam sunnita, levado polos conquistadores turcos e persas entre os s. XV .Na. época soviética diminución da influencia da relixión: conversión de mezquitas en tendas, muftís en agricultores e propagación dun culto aos profetas afastado do do Alcorán, pero dende a caída do poder soviético o Islam retornou con forza

 

Páxina principal

Actualizado o 18 de setembro de 2004

Envía comentarios, críticas, suxerencias premendo neste enlace

© rocastelo 2004

1