Patio Maravillas, Madrid, 3 de febreiro de 2008.
Comunicado de Prensa
VdeVivienda chama á mobilización do vindeiro 1 do marzal polo dereito a
unha vivenda na sua primeira xuntanza estatal de asembleas.
Despois de case dous
anos de loita pra facer efectivo o dereito á vivenda constatamos que estamos a
vivir un cambio de etapa que é un troco de estafa : do engano do nuncabaixismo
e de considerar á vivenda un ben de investimento eternamente
rendible, pasamos ó engano electoralista perpetrado polos partidos políticos
que, aludindo agora ó dereito á vivenda, non fan máis que axudar con
financiamento público ós beneficiarios do boom inmobiliario ainda que teñen
sido os culpables do problema.
Exemplos deste
engano masivo son ‘medidas’ como chamar renda básica de emancipación ás axudas
de 210 euros, ou como denominar vivenda pública tanto ós stocks sobranceiros
que non poden vender no sector privado coma promocións futuras que non se
destinarán á aluguer social senón a engrosar o libre mercado.
Por iso voltamos convocar á cidadanía o 1 de marzo,
xusto no medio da vergoñosa puxa de promesas electorais. Ese dia sacareimos
novamente á rúa as nosas revindicacións.
Cada unha das asembleas traballa de xeito autónomo
no seu propio contorno local. Tamén, neste
primeiro encontro estatal comprobamos que compartimos unha serie de propostas coas que
combater á especulación e ó urbanismo salvaxe:
1.Moratoria na
execución dos plans urbanísticos mentres istes non sexan guiados polo interese xeral, concretado cunha
participación efectiva da cidadanía.
2.Transparencia nos datos relativos ó dereito de
acceso á vivenda: censo dos pisos baldeiros, censo único dos solicitantes de
vivenda, censo dos propietarios do chan.
3.Inversión no
proceso da depredación do espazo ambiental e do texido social dos espazos
urbáns.
4.Creación dun amplo parque público de vivenda para
aluguer social capaz de responder á demanda real da
poboación excluída polo mercado. Para tal fin daráselle prioridade ó uso dos
pisos baldeiros por riba o de nova construcción.
5.Despenalización da reutilización dos espazos en
desuso
6.Asunción por parte das empresas financieiras da
súa responsabilidade no elevado e insostible obrigamento das familias.
7.Medidas fiscais
que penalicen efectivamente á especulación inmobiliaria.
O 1 do marzo demostrareimos que non deixámosnos enganar. Rematou o tempo
das estafas. Por unha vivenda digna.