

Mapa de Ourense e arredores.
Fotos do verán de 1996.

Os ciclistas posan fachendosos, trala escalada ata Luíntra (Nogueira de Ramuín).

Un ciclista, deixándose face-la foto no que foi a liña de meta.

¡Tremendo, que pernas ha de ter...!

Se vas a Allariz polo Cumial / verás Taboadela no fondo do val...

Aí están, sen chupar roda, voltando de Xunqueira de Ambía.
Fotos da primavera e verán de 2002.

Estes ciclistas son os reis da antiga estrada de Maceda.

É un pracer desfrutar das pequenas carballeiras polas que discorre a estrada.
¿Xa se decatou vostede de que, indo tres, nestas fotos só saen dous porque un se ten que adiantar para face-la foto?

¡Ah, carallo, pero aquí saímo-los tres!. Todo gracias ó policía local de Maceda, que amablemente nola fixo.

Indo para Celanova, foi procedente quitar unha foto na ponte sobre o río Arnoia.

¡Que bonito, que bonito!. As bandeiras do Concello de Celanova ondean e os ciclistas pousan.

A vila de Luíntra, capital do concello de Nogueira de Ramuín, é moi frecuentada por estes rodadores.

Un bo avituallamento en Os Peares é fundamental para recupera-las forzas.

Isto si que é un descenso con estilo.
Fotos de outubro de 2002.
Cando chove demasiado, as casetas das paradas do autobús son un gran refuxio.
Esta carballeira preto de Arnoia está lonxe de Ourense, pero vale a pena face-la viaxe.
Foto do inverno de 2003.

Cando chéga-lo domingo a Ribadavia, hai premio: ¡poder come-lo polbo!.
Fotos da primavera de 2003.
A estrada de A Peroxa (por Barra de Miño) é un bo percorrido para facer ciclismo.
Unha vez chegados ó destino, cómpre repoñer líquidos para a volta.
***********************************************************************************************