Páxina da música popular de Galicia.

«VIVI-LA TERRA».

                                                                                   

 

        Esta páxina pretende ser unha referencia para persoas que, coma min, lles guste a música popular de Galicia, seica a rexión máis fermosa de España. A música das nosas troulas, as cantigas de romaría, as foliadas, etc., é a que máis achegada está a nós, pois posúe unha gran carga sentimental que nunca se deixa de sentir. Claro que tamén se viven e desfrutan outras músicas; aí está o pop, o rock... que tamén son dignas de vivilas. Sen embargo, o sentimento desa música é pasaxeiro, trala época en que está de moda pérdese. Non é así na música popular rexional (tanto galega coma doutras rexións de España), onde co paso do tempo cantigas coma «Na beira do mar», «Aí vai, carallo, aí vai» ou «O andar miudiño» seguen a estar presentes. Temos unha rica cultura popular, hai que vivila, é parte da nosa vida, das nosas festas e romarías... ¡hala, veña, vamos!.

        Seica non se pode continuar sen facer mención e renderlle un merecido recoñecemento a ese gran mariñeiro de Moaña, Península do Morrazo, que coa súa música nos vén deleitanto dende hai anos. Xa choveu dende «Un anaco de pan» ou «Miña Maruxiña», pasando polo «Xirarei», ata o actual «Afiador». O tema que soa ó arrinca-la páxina é «Zumba na caneca», cantiga presente na discografía de Xil.

        E, faltaría máis, non podemos seguir sen menciona-lo gran grupo A Roda, recopiladora de case toda a nosa música popular, pero tamén compositora de cancións que, nacendo deles, fixéronse populares. Dende 1978... Aquí están eles, cando cantaban en 1995 aquelo de "Rapaciñas de Teis a Chapela, ós quintos marchamos a servir ó Rei". ¡Fachendosos de servir a El-Rei de España!.

        Por último, pero de momento, queda por lembrar a Andrés do Barro. Alá por 1969 xurdiu un rapaz ferrolán, Andrés Lapique do Barro, que cantando cancións en galego na España da época triunfou. «Corpiño xeitoso» chegou a ser número un... ¡nas listas nacionais! (se non lembro mal, a última vez que una canción en galego volveu ser número un foi «Galicia caníbal», de Os Resentidos). Andrés, cantando en galego e tamén en castelán, deixounos cancións cheas de encanto, coma O tren, San Antón, Meu amor, Pois eu, Pra che falar de amor, A xunto do mar...

 

*****************************************************************************************

 

PINCHA NO DEBUXO PARA IR Ó CANCIONEIRO:

 

*****************************************************************************************

 

Páxina en obras constantes.

A cousa vai indo a medida que aprendo como carallo se fan as páxinas güeb.

Vós podedes contribuír mandando algunha letra, material... o que sexa.

¡Deica logo!.

vivilaterra@hispavista.com

 

*****************************************************************************************

VOLTAR

1