|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| © 2005, AGaCO |  |  | | |  |
 Deputación de A Coruña subvenciona o sistema de cronometraxe sportident |
| | |
| 30/06/2009. Actualización de ranking O-Pé.
|
| Ranking actualizado, contendo os resultados da sexta proba do calendario. Reorganizáronse os resultados de corredores que participaron en máis dunha categoría, seleccionando para o ranking a categoría na que máis veces participaron e eliminando os resultados en probas onde correron noutra categoría distinta.
|
| |
| 26/06/2009. Ranking de raids.
|
| Actualizado o ranking de raids 2009, coa inclusión dos resultados da terceira proba, organizada en Carnota polo Club Artabros.
|
| |
| 24/06/2009. Raid de As Pontes.
|
| Aí vai algo de información acerca da proba, sitio web do club Gallaecia e un recordatorio de que aínda está aberto o prazo de inscrición.
|
| |
| 22/06/2009. Cangas. Resultados provisionales.
|
| Estes son os resultados provisionais da sexta proba de liga galega de orientación a pé, celebrada en Cangas o día 20 de xuño.
|
| |
| 19/06/2009. Cangas. Autorización Xunta.
|
| Difusión dos termos nos que a Consellería de Medio Rural autoriza a realizar esta proba nun Espazo Natural Protexido, para que tódolos participantes poñan o seu maior empeño na conservación do Medio Ambiente, prestando especial atención ás condicións particulares que se mostran na páxina 2.
|
| |
| 19/06/2009. Cangas. Horas de saída.
|
| O Club A Roelo - Montañeiros publica as horas de saída da sexta proba de orientación a pé, que se celebrará en Cangas o día 20 de xuño.
|
| |
| 18/06/2009. Actualización de ranking O-Pé.
|
| Ranking actualizado, contendo os resultados da quinta proba do calendario. Lémbrase aos responsables dos clubs que hai corredores que participaron en máis dunha categoría e que existe obrigación de comunicar ao ranking en que categoría teñen que computar. Se non se comunica, na próxima actualización procederase de oficio a seleccionar a categoría na que máis veces teñan participado.
|
| |
| 17/06/2009. Selección galega escolar.
|
| Lista cos componentes da selección galega escolar (infantil e cadete) para o Campionato de España escolar que se vai celebrar en Aranda de Duero entre o 24 e o 28 de xuño.
|
| |
| 16/06/2009. Raid de Carnota. Resultados.
|
| Velaquí os resultados provisionais do raid de Carnota. Os definitivos sairán nunha semana. Para calquera reclamación só hai que enviar unha mesaxe á dirección alfonsomancera@gmail.com
|
| |
| 12/06/2009. Raid de Carnota. Equipos.
|
| Publícase o listado definitivo de equipos inscritos para o Raid de Carnota. Infórmase que o chan duro, o cal estará señalizado desde o desvio a Muros, é o Pavillón de Chan de Lamas, en Pedrafigueira (está a 1 km. antes de chegar a Carnota)
|
| |
| 11/06/2009. Raid de Carnota. Equipos.
|
| Publícase o listado de equipos inscritos para o Raid de Carnota, terceira proba da Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura.
|
| |
| 10/06/2009. Ranking de raids.
|
| Actualizado o ranking de raids 2009, coa inclusión dos resultados da segunda proba, organizada en Ordes polo Club SEO. Atención aos equipos que non puntuaron nesta proba por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas normas vixentes.
|
| |
| 10/06/2009. Cangas. Sexta proba de O-Pé.
|
| O Club A Roelo - Montañeiros envía cartel e información da sexta proba do calendario galego de orientación a pé, que se celebrará na praia de Nerga, Cangas, Pontevedra, o día 20 de xuño. Trátase dun mapa novo, como xa ocorreu este ano nas probas de Barrañán e Ortigueira.
|
| |
| 08/06/2009. Cto Galego Sprint.
|
| O Club Galicia de Caranza envía os resultados provisionais e os parciais do Campionato Galego de Orientación Sprint, celebrado o día 6 de xuño en Ortigueira.
|
| |
| 05/06/2009. Cto Galego Sprint.
|
| O Club Galicia de Caranza fai público as horas de saída do Campionato Galego Sprint, que se celebrará en Ortigueira o día 6 de xuño.
|
| |
| 04/06/2009. Raid de Carnota.
|
| O club SM Artabros publica o segundo boletín de información e o formulario de inscrición para a terceira proba da Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura, o raid de Carnota, que se celebrará en Carnota o 13 de xuño.
|
| |
| 03/06/2009. Boletín final Ortigueira.
|
| O Club Galicia de Caranza envía o boletín final do Campionato Galego de Orientación Sprint, que se celebrará o día 6 de xuño en Ortigueira.
|
| |
| 03/06/2009. Resultados OdiSeo.
|
| O Club SEO de Ordes publica os resultados provisionais do Raid OdiSeo, segunda proba da Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura.
|
| |
| 31/05/2009. Actualización de ranking O-Pé.
|
| Ranking actualizado, contendo os resultados da cuarta proba do calendario.
|
| |
| 25/05/2009. Proba de O-Pé en Barra.
|
| O Club A Roelo-Montañeiros informa da data de celebración da nova proba engadida ao calendario trala aprobación da correspondente modificación na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 19 de abril. A data será o día 20 de xuño e o lugar é a praia de Barra, Cangas, Pontevedra.
|
| |
| 25/05/2009. Cto Galego Sprint.
|
| O Club Galicia de Caranza envía cartel e información acerca do Campionato Galego Sprint, que se celebrará o día 6 de xuño en Ortigueira.
|
| |
| 19/05/2009. Raid Odiseo.
|
| Terceiro boletín do raid Odiseo, que se celebrará en Ordes o día 30 de maio. Contén, entre outras cousas, algúns axustes de horario con respecto ao boletín anterior.
|
| |
| 19/05/2009. Campionato galego O-BM.
|
Por razóns de datas posponse a proba de biciorientación que tiña pensado organizar o Gallaeciaraid o día 23 de maio, a cal esperan poder realizar en setembro/outubro.
O club Gallaecia Raid pide desculpas polas molestias que poida ocasionar esta suspensión.
|
| |
| 19/05/2009. Raid Odiseo.
|
| Segundo boletín do raid Odiseo, que se celebrará en Ordes o día 30 de maio.
|
| |
| Liga Nacional 2009. Trofeo Torre de Hércules.
|
|
| |
| 10/05/2009. Raid Odiseo.
|
| O club SEO publica o primeiro boletín de información e o formulario de inscrición para a segunda proba da Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura, o raid Odiseo, que se celebrará en Ordes o 30 de maio.
|
| |
| 10/05/2009. Universitario e escolar. Resultados.
|
| O USC manda os resultados do Campionato Galego Escolar e Campeonato Galego Universitario, celebrado o día 9 de maio no parque do Restollal, en Santiago de Compostela.
|
| |
| 07/05/2009. Universitario e escolar. Horas de saída.
|
| O USC manda o listado de horas de saída do Campionato Galego Escolar e Campionato Galego Universitario, que se celebrará o día 9 de maio no parque do Restollal, en Santiago de Compostela. Lémbrase aos participantes que a secretaría abrirá ás 9:30 e que a hora límite para estar no Pavillón do Restollal é as 10:15.
|
| |
| 07/05/2009. Raid de Carnota.
|
| O club SM Artabros publica o primeiro boletín de información e o formulario de inscrición para a terceira proba da Copa Galega de Raids de Orientación e Aventura, o raid de Carnota, que se celebrará en Carnota o 13 de xuño.
|
| |
| 30/04/2009. Cambios nos regulamentos.
|
| Modificáronse os regulamentos de raids e de orientación a pé para a presente tempada, a raíz dos acordos adoptados na última Asemblea Extraordinaria. En canto a raids, actualízase a data do raid que organiza Artabros, o cal pasa ao 13 de xuño. Tamén, modifícase a redacción do artigo 10.2 relacionado coas bonificacións. En canto á orientación a pé, ao engadir unha nova proba computable para o ranking, acórdase modificar o artigo 6.2, relacionado co número de probas e puntuacións que se terán en conta para o ranking.
|
| |
| 29/04/2009. Introducción á orientación.
|
| Na sección de artigos, engaiduse un documento creado por David Casado no que se fai unha breve introducción ás carreiras de orientación e os elementos que se utilizan nunha competición.
|
| |
| 28/04/2009. Campionato Universitario e escolar.
|
| Información acerca do Campionato Galego Universitario e do Campionato Galego Escolar, que se celebrarán en Santiago o día 9 de maio, e están organizados pola Universidade de Santiago.
|
| |
| 27/04/2009. Lugo, resultados provisionais.
|
| Publícanse os resultados provisionais do VII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo.
|
| |
| 24/04/2009. Lugo, Horas de saída.
|
| Publícanse as horas de saída do VII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo.
|
| |
| 21/04/2009. Últimas novas, Lugo.
|
| Publícase de novo a información acerca do VII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo, algunhas notas de última hora e un documento relativo ao uso do sistema sportident para o control de tempos e percorridos.
|
| |
| 16/04/2009. Proba de liga O-Pé.
|
| Boletín e cartel coa información da cuarta proba de liga galega de orientación a pé, que se celebrará o día 25 de abril en Lugo, organizada polo Club Fluvial.
|
| |
| 01/04/2009. Implantación Sportident.
|
| Comunicado dirixido aos clubs de cara a completar a implantación do sistema sportident, de xeito que se utilice como mecanismo de cronometraxe e control de percorridos na próxima proba de liga galega de orientación a pé, a celebrar o día 25 de abril en Lugo, relacionado coa necesidade de adquirir as pinzas (SI-Card) por parte dos clubs.
|
| |
| 01/04/2009. Ranking Raids 2009.
|
| Primeiro ranking provisional da tempada 2009 de raids. Xúntase un documento acerca do asunto das bonificacións para equipos mixtos ou femininos.
|
| |
| 20/03/2009. Regulamento Raids 2009.
|
| Regulamento definitivo para a temporada 2009 de Raids de Orientación e Aventura.
|
| |
| 15/03/2009. Actualización de ranking O-Pé.
|
| Ranking actualizado, contendo os resultados provisionais da terceira proba do calendario.
|
| |
| 11/03/2009. Ranking raids 2008 definitivo.
|
| Xúntase o arquivo co ranking de Raids do ano 2008 DEFINITIVO, trala aplicación exacta do regulamento (despois de prosperar a reclamación de Artabros) segundo se acordou en Asemblea, suprimindo a peor puntuación de cada equipo.
|
| |
| 07/03/2009. Barrañán. Resultados correxidos.
|
| Vólvense a publicar os resultados provisionais de Barrañán, advertidos algúns erros de transcrición de tempos que afectaban á clasificación de H-35 e INI LONGA.
|
| |
| 07/03/2009. Barrañán. Resultados provisionais.
|
| O Club APA Liceo publica os resultados provisionais da terceira proba de liga galega de orientación a pé e Campionato Galego.
|
| |
| 06/03/2009. Actualización de ranking O-Pé.
|
| Ranking actualizado, contendo os resultados provisionais das dúas primeiras probas do calendario.
|
| |
| 06/03/2009. Barrañán, listado de saídas.
|
| Listado de horas de saída da terceira proba de liga galega de orientación a pé e Campionato Galego de distancia clásica.
|
| |
| 06/03/2009. Algúns resultados O-Pé.
|
| Resultados definitivos da primeira proba, celebrada en Forgoselos, e resultados provisionais da segunda, celebrada en Oia. En breve, primeira clasificación do ranking.
|
| |
| 27/02/2009. Oia, listado de saídas.
|
| Listado de horas de saída para a segunda proba de liga de orientación a pé, que se celebrará o día 28 de febreiro en Oia (Pontevedra).
|
| |
| 26/02/2009. Terceira proba O-Pé.
|
| O Club APA Liceo organiza a terceira proba de liga de orientación a pé, que se celebrará o día 7 de marzo en Barrañán (Arteixo). Esta proba é o Campionato Galego de Orientación a Pé. Coincidindo con esta proba celebrarase tamén a fase provincial do Campionato Escolar.
|
| |
| 23/02/2009. Oia, boletín 2.
|
| Máis información acerca da segunda proba de liga de orientación a pé, que se celebrará o día 28 de febreiro en Oia (Pontevedra).
|
| |
| 23/02/2009. VIII RAID PELAYO "PICOS DE EUROPA".
|
| Toda a información do próximo RAID PICOS na web do club: WWW.LABRUJULA.INFO
|
| |
| 19/02/2009. Primeira proba de Raids.
|
Estimados amigos, aquí tedes a primeira información do raid de Betanzos que será a proba que abrirá a copa galega de raids de aventura e que se celebrará o 21 de marzo.
Xa está aberto o prazo de inscrición, animádevos!!
Tamén a poderedes ver nunhas horas en www.gallaeciaraid.es
|
| |
| 18/02/2009. Segunda proba O-Pé.
|
| Cartel, información e accesos á zona da segunda proba de liga de orientación a pé, que se celebrará o día 28 de febreiro en Oia (Pontevedra).
|
| |
| 09/02/2009. Forgoselos, resultados provisionais.
|
| Resultados provisionais da proba de Forgoselos celebrada o sábado 7 de febreiro.
|
| |
| 05/02/2009. Forgoselos, Saídas.
|
| Horas de saída dos participantes na proba de Forgoselos.
|
| |
| 02/02/2009. Forgoselos, boletín 2.
|
| Máis información acerca da primeira proba do 2009 de orientación a pé.
|
| |
| 27/01/2009. Actualización de calendario.
|
| Calendario galego 2009 actualizado e correxido.
|
| |
| 26/01/2009. 1ª proba liga 2009, Forgoselos.
|
| Este ano a Liga Galega de Orientación a pé, comeza o 7 de febreiro en Forgoselos. A organización da proba manda información da carreira, e achégavos o arquivo de solicitude de licenza de proba. O formulario de inscrición de participantes, cos novos números de dorsal, será enviada a cada club, pola AGACO, nos próximos días.
|
| |
| 15/01/2009. Curso Sportident.
|
| Documentos actualizados a 15/01/09.
|
| |
| 13/01/2009. Licenzas 2009.
|
| Información para a tramitación de licenzas da tempada 2009.
|
| |
| 13/01/2009. Calendario e percorridos.
|
| Calendario provisional (a falta de concretar algún detalle) e a proposta para o trazado de percorridos de O-Pé para o 2009.
|
| |
| 09/01/2009. Curso Sportident.
|
Os días 30 e 31 de xaneiro celebrarase en Santiago o primeiro curso sportident en Galicia, organizado pola FEDO e a AGaCo. No arquivo que se xunta atópanse os seguintes documentos: Boletín de información do curso, Boletín de inscrición de participantes, Contidos e horarios, Modelo de exame.
Cómpre cumprir as datas fixadas, tanto para o prazo de inscrición como para o de solicitude de aloxamento. Calquera dúbida contactar con Alfonso Mancera: alfonsomancera@gmail.com 981 212029.
|
| |
|
|
| Descargas |
| Estatutos AGaCO |
| Normas O-Pé |
| Percorridos e categorías |
| Normas Raid |
| ==> Bonificación |
| Calendario |
|   |
| Ranking O-Pé 2009 |
| Ranking Raids 2009 |
|   |
|
|
|   |
| Normas O-Pé 2008 |
| Percorridos e categorías 2008 |
| Normas Raid 2008 |
| Calendario 2008 |
| Ranking O-Pé 2008 |
| Ranking Raids 2008 |
|   |
| Normas O-Pé 2007 |
| Percorridos 2007 |
| Normas Raid 2007 |
| Ranking O-Pé 2007 |
| Ranking Raids 2007 |
|   |
| Ranking Raids 2006 |
| Ranking O-Pé 2006 |
| Ranking Clubs 2006 |
|