|
|
|
|
| |
|
Esta é unha táboa na que se van poñer uns datos sobre os programas que hai en
cada seccion e de que tipo son:
| Seccion |
Programas |
En Galego |
Shareware |
Con Crack |
Audio |
17 |
15 |
5 |
2 |
Educativos |
29 |
29 |
1 |
_ |
Escritorio |
5 |
5 |
_ |
_ |
Imaxe |
12 |
10 |
1 |
1 |
Lingua |
7 |
7 |
_ |
_ |
Multimedia |
9 |
8 |
_ |
_ |
Redes |
34 |
31 |
4 |
1 |
Sistema |
17 |
15 |
_ |
_ |
Texto |
23 |
23 |
_ |
_ |
Utilidades |
25 |
23 |
4 |
3 |
Xogos |
24 |
24 |
1 |
_ |
Nota: O simbolo _ significa o mesmo ca 0.
|
| |
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
| |
|
A lista de programas de Xeise actualizase principalmente polo verán
nas chamadas grandes actualizacions, nas que por regra xeral se eliminan programas que xa
non estan en Galego e afortunadamente se incluen moitos mais programas que antes non o
estaban e agora si.
Esta primeira gran actualizacion rematou parcialmente o Mércores
24 de Setembro do ano 2003.
Na proxima gran actualizacion intentarase poñerlle
remedio ó gran problema que causa o ter que andar eliminando programas en cada nova
actualizacion adoptando o sistema que se usaba no
Proxecto Xis: garda-los programas no propio
sitio.
Deste xeito o programa nunca se eliminará da lista e poderanse superar
barreiras nunca antes imaxinadas.
Ademais incluirase o nome dos traductores en
todolos programas que sexa posible.
Pero para iso necesítase espacio, asi que
animádevos, visitade Xeise e a ver se superamos as 5000 visitas.
|
| |
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
| |
|
Xeise ten a intencion de chegar a ser unha paxina de referencia dentro da rede
Galega e para iso estáse a construir a maior lista de programas e utilidades que hai
traducidas e feitas en Galego.
Incluir
programa na lista de Xeise
Preténdese seguir ideas doutras páxinas que no seu
tempo foron as que tiveron mais programas e foron a referencia dentro da informática en
Galego. Citarei os dous mais importantes:
- O
Proxecto Xis de Galego21 do que se toman ideas
coma organiza-los programas en seccions segundo a fin para a que foron creados estes e poñer
nas listas tanto programas freeware (tamen chamados deuses), shareware, demos, postcardware,etc.
- A seccion galega
de Freeware World Team da que se toma a idea de que é mellor un só traballando arreo ca
unha chea de colaboradores que só traballan de vez en cando (non pretendo ofender a ninguén,
e acepto axuda esporádica de calquera disposto a axudar).
En Xeise
incluiremos calquera programa con tal de que sexa descargable e estea en Galego, ainda que
despois non teña moita utilidade (a alguén sempre lle sera útil).
Pode ser que a lista da seccion galega do FWT supere á de Xeise (iso espero) xa
que se actualiza constantemente, pero cando haxa unha gran actualización en Xeise, a de
Xeise volverá a se-la maior das dúas.
Enviar programa a FWT (Só freeware)
Prometo que se para o dia da Nosa Patria do
2004 se superan os 500 programas na lista (altamente improbable) ou houbo mais de 5000
visitas (é moi dificil) comprarei o dominio xeise.com se segue estando libre.
|
| |
|
![]() |
![]() |
![]() |
Xeise, dende Setembro do 2002 |