Mapa de Xeise

     
 
Xeise
    Paxina inicial
    Agradecementos
    Contacta con nós
    Foros de Xeise
Trucos de Xogos
    Lista
Programas
    Incluir Programa
    Audio
    Educativos
    Escritorio
    Imaxe
    Lingua
    Multimedia
    Redes
    Sistema
    Texto
    Utilidades
    Xogos
Recursos
    Ligazons
    Glosario de termos
    Cursos
O Curruncho
    Recomendados
    Os mellores
 
 


Lista de xogos

Programa Lingua Tamaño Valoracion Clasificacion
Abadaba Galego 735 Kb Deus / Freeware
É o clasico xogo de 5 en liña. Permite cambiar entre as diferentes opcions: tamaño do taboleiro, usar sons ou non, cambia-las cores, etc.
As Parellas Galego 72 Kb Deus / Freeware
Popular xogo de atopar parellas en cadrículas de 4X4, 6X6 e 8X8. Ó final aparece cada debuxo co seu nome escrito en galego. Presenta tres niveis de velocidade.
Carta Branca Galego 15 Kb Deus / Freeware
Xogo de cartas no que se deben completar os catro paos da baralla francesa en escaleira de cor, podendo deixar unicamente catro cartas fora dos emparellamentos permitidos.
Contiñas Galego 39 Kb Deus / Freeware
Xogo no que se dan catro números e un resultado. O usuario terá que combinar estes números cos signos de suma, resta, multiplicación, división e parénteses para obter o resultado nun tempo predeterminado.
Crazy Minesweeper Galego 345 Kb Shareware
Se es un apaixoado do Buscaminas de Windows sorprenderaste con este xogo de Astatix Software. Aquí as minas teñen diferentes valores co que se complica moito máis o cálculo.
Dam Galego 590 Kb Deus / Freeware
Xoga ás damas contra o teu ordenador, outro xogador ou ordenador contra ordenador. Inclue a opcion de xogar en liña.
Desfachicabola Galego Sen avaliar En liña
Flip Flop Galego 1,01 Mb Deus / Freeware
Un xogo similar ao Reversi con características adicionais.
Galogo Galego 54 Kb Sen avaliar Deus / En liña
A base do xogo radica na creación de gráficos ou debuxos movendo un punto (habitualmente representado por un triángulo) mediante ordes escritas.
Labirinto Galego 1,48 Mb Deus / Freeware
Atopa a saida do labirinto.
Mortos e feridos Galego 21 Kb Deus / Freeware
Xogo no que tes que adiviñar catro cores diferentes nunha orde determinada de entre 10 cores. Cada cor acertada en posición incorrecta considérase como un "ferido", e cada cor correcta na súa posición correcta coma un "morto". Tes DEZ oportunidades para acertar
O aforcado de San Xoan Galego Sen avaliar En liña
O misterio das 7 pezas Galego 15 Mb Deus / Freeware
08:00 AM. Compostela, 2005. Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspensa no aire. E ti debes resolver o misterio. Para iso, serás Ana Branco, que buscará pola cidade as pesquisas para devolver a Santiago á normalidade. ¿Atréveste?
Os quebracabezas de Galingua Galego Sen avaliar En liña
PacWorld Galego 477 Kb Deus / Freeware
Xoga ó clásico comecocos con diferentes mundos e niveis, bonitos gráficos e efectos de son, habitacións pechadas, etc.
Photo invaders Galego 800 Kb Deus / Freeware
PhotoInvaders é un xogo tipo arcade, como Space Invaders. Co editor incluido neste programa podes alterar facilmente as características do xogo: alterar os sons, imaxes, etc.
Procura Minas Galego 10 Kb Deus / Freeware
Traducción do clásico xogo no que o obxectivo é marcar todas as minas existentes axudándose polas indicacións de cada cadro descuberto.
Rede de Corazons Galego 62 Kb Deus / Freeware
Outro xogo de cartas no que poderemos xogar contra tres usuarios da mesma rede ou contra tres opoñentes simulados polo ordenador.
Soidoso Galego 45 Kb Deus / Freeware
O obxectivo como no anterior é completar os catro paos comezando polo ás e rematando no rei do pao, a diferencia está en que temos sete feixes de cartas coa primeira volta e un feixe adicional co resto de cartas que si podemos ir pasando da primeira á última.
Super Mario RPGG Galego 2,57 Mb Sen avaliar Deus / Freeware
O clásico xogo do Mario en Galego.
Tangram Galego 182 Kb / 403 Kb Deus / Freeware
O tangram é un xogo de mesa de orixe chinés que consiste basicamente nun quebracabezas xeométrico no que, cunha limitación de pezas (só se poden empregar sete pezas que resultan da descomposición dun cadrado), pódense crear infinidade de figuras, algunhas xeométricas e outras moitas que lembran obxectos e seres da vida cotiá.
Tetris Galego 30 Kb Deus / Freeware
Pequena e simple version do clásico Tetris que nin sequera ten puntuacion.
Tetriz Galego 4,63 Mb Deus / Freeware
Tetriz! é un novo e entretido xogo que toma como plataforma o mítico Tetris© e que aporta moitas novidades, melloras e un titorial.
Xogos da lingua Galego 1,03 Mb Sen avaliar Deus / Freeware
Paquete de xogos, contos e enredos que teñen como medio o ordenador, e a sua fin é estimular, apoiar e fomentar a aprendizaxe e emprego da lingua galega en calquera ámbito.

 


Xeise, dende Setembro do 2002


1