Compoñentes e Colaboradores

Gonzalo Caride

(Lavadores - Vigo )

Membro fundador do grupo artesán de gaitas e requintas galegas, multiinstrumentista cunha longa experiencia
como gaiteiro e músico en diversas formacións musicais galegas. Toca:
Gaitas, requinta, frautas, violín, armónica, pandeira e voz.

 

Rolandas (Lituania - Vigo)

Músico de Lituania de formación clásica e de jazz, ten tocado e gravado con múltiples formacións en Lituania e asemade na Galiza. Mestre de música no conservatorio Mayeuses de Vigo.

Toca: Saxo e frauta traveseira.

Zivile (Lituania - Vigo)

Mestra de canto e solfexo no conservatorio Mayeuses de Vigo, natural de Lituania. Toca:
Teclado

Carlos (Lavadores - Vigo)

Xovén valor da música tradicional-folk galega toca tamén en diversas formacións tradicionais-folk, ademais de tocar o tambor
de xeito exquisito é un virtuoso gaiteiro. Toca:
Tambor, pandeireta, pandeiro ...

Antonio (Lavadores - Vigo)

Un dos derradeiros bombeiros enxebres da Galiza. Toca: Bombo e cunchas.

1